Cultura Galicia

Como en Galicia non se come en ningún lado

Vinte chefs estranxeiros formaranse en cociña galega no Centro Superior de Hostelería de Galicia, onde participarán na IV edición de Formación de Xóvenes Profesionais en Gastronomía Española organizada polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). Nun programa de 8 meses divididos en tres etapas, os profesores formarán a chefs de Reino Unido, Suíza, Alemaña, Suecia, Dinamarca, Rusia, EEUU, Canadá, Brasil, México, Hong Kong, Xapón, Australia, India e Singapur na elaboración de diferentes receitas da gastronomía galega.

As quince receitas que se elaborarán son: empanada de bacallau con pasas, mexillóns, ameixas á mariñeira, polbo á feira, grelos, cachelos, caldo galego, raia cocida con patacas, caldeirada de pescada, carne ao caldeiro, orellas de Entroido, tarta de queixo, tarta de Santiago e pedras de Santiago.

O programa foi creado en 2007 polo ICEX en resposta á crecente proxección internacional da gastronomía española que, nos últimos anos, tense consolidado como referencia de creatividade e capacidade de innovación en técnicas culinarias, dando a coñecer a gran diversidade e calidade dos nosos produtos máis emblemáticos. Dende aquela, xa se formaron nos mellores restaurantes de España un total de 47 xóvenes chefs.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.