Comarcas

O BNG denuncia que o alcalde de Mondariz certificou a construción dunhas pistas deportivas inexistentes

A praia do Val, en Mondariz.
A praia do Val, en Mondariz.

Unha subvención de 50.000 euros pedida á Xunta para construír pistas deportivas ao aire libre na praia fluvial do Val, en Mondariz, onde xa existen dende hai anos unha pista de tenis e outra mixta de baloncesto e fútbol sala. Para solicitala, segundo o BNG de Mondariz, «declarábase que as obras se executarían sobre unha parcela baleira e infrautilizada» pero sen a sinatura do técnico municipal e sen solicitar os tres orzamentos para a súa adxudicación.

O BNG denuncia que «coa complicidade da empresa adxudicataria da falsa obra e do arquitecto técnico municipal fai o paripé de recepcionar a obra e certifica en falso a explanación, firme e asfaltado das pistas con aglomerado en quente de preto de 30.000 euros e o peche de malla e pintado de pistas, porterías e redes por preto de 10.000 euros».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.