_agenda Agenda

Para tocar a gaita, o Concello de Vigo

Se che gusta a gaita e es un prodixio con ela, esta é a túa oportunidade. O Concello de Vigo organiza o I Concurso de Gaita para Solistas, que celebrará a súa fase final o vindeiro 30 de abril no Auditorio Municipal e para o que é preciso inscribirse desde mañá ata o 1 de abril. É unha “oportunidade para que aquelas persoas que destacan no eido da cultura teñan espazos nos que expresarse e que os vigueses poidan gozar da súa capacidade creativa e interpretativa”.

O certame está dirixido a solistas que deberán ir co traxe tradicional, que tamén será valorado polo xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional. A celebración do concurso está suxeita a que se presenten máis de 10 persoas para participar, aínda que se hai máis dunha decena celebrarase unha fase eliminatoria previa. Haberá tres premios de 2.000, 1.000 e 500 euros, ademáis de 100 euros en gastos de participación para os que participen na final.

También te puede interesar