Vigo al minuto

O Pleno do Concello reclama á Deputación o investimento de 100 millóns de euros en Vigo

As relacións entre o alcalde e o presidente da Deputación non son cordiais, precisamente
As relacións entre o alcalde e o presidente da Deputación non son cordiais, precisamente

O Pleno do Concello quere que a Deputación invista en Vigo tendo en conta a súa población e que concrete cal é a cantidade que vai destiñar á cidade este ano. Os grupos do goberno local, PSdeG e BNG, criticaron ao executivo provincial que “marxine” á cidade nos seus investimentos e reclamaron a “débeda histórica” dunha terceira parte dos investimentos nestes catro anos, un total que ascende a 100 millóns de euros.

O voceiro socialista, Carlos López Font, denunciou que a Deputación de Pontevedra non contestou á demanda de humanizacións para Vigo presentada polo alcalde e continúa pendente a reparación da rede viaria viguesa dependente do organismo provincial, como a Estrada Provincial. Tamén está pendente a reforma do chamado Colexio Alemán, que pode facerse “mañá mesmo”.

A moción aprobada tamén asegura que “non se xustifica que se pida un esforzo inversor ao Concello de Vigo, cumprido co voo Vigo-Londres, e que a Deputación non aposte pola potenciación do aeroporto de Peinador, o único da provincia e sobre o que debería volcar o seu esforzo inversor”. Atendendo a esta premisa, o goberno local reclama da entidade que subvencione unha conexión aérea con Milán “en beneficio, de Vigo por suposto, pero tamén do conxunto da provincia”.

O responsable nacionalista de Deportes, Xabier Alonso, recordou que fai dous anos que agarda pola resposta do presidente provincial para concretar na cidade investimentos anunciados por Louzán para Vigo por valor de 25 millóns de euros. Tanto o nacionalista como os socialistas criticaron que a Deputación emprega a institución para “pagar mocións de censura con tránsfugas” na provincia.

O grupo municipal do Partido Popular renunciou ao seu turno de palabra e, na súa explicación do voto en contra, afirmou que “a Deputación fai o que ten que facer” e que o goberno local non quere os investimentos provinciais no Colexio Alemán -onde asegura que falta a cesión de terreos- nin para o complexo deportivo de Navia valorado en 25 millóns, ao que referiuse o concelleiro de Deportes durante o debate. Sobre o aeroporto, Figueroa explicou que, de non ser pola Deputación, Vigo non tería hoxe catro conexións con Madrid.

You may also like