RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

Santiago Rodríguez, candidato do PP á Alcaldía de Salceda de Caselas, promete un goberno austero, comprometido e próximo aos veciños

SANTIA~1O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de presentar ao seu candidato á Alcaldía nos vindeiros comicios electorais de maio de 2011. Arroupado por centos de militantes e simpatizantes, de diversos persoeiros do partido a nivel comarcal e rexional, destacando a presenza do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda e do presidente do PP Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, Santiago Rodríguez Davila, actual concelleiro e presidente do PP local foi presentado como o mellor candidato á Alcaldía e o próximo alcalde de Salceda de Caselas.

 

 

«Austero, planificado, comprometido e próximo aos veciños”, así definiu Rodríguez Davila o futuro Goberno local, “respectando a todos por igual sen ter en conta a súa opción política”, engadía. Nesta liña, o candidato pedía a todos os alí presentes “sacrificio, para conseguir un goberno que nos represente a todos, humildade e, sobre todo, respecto”.

También te puede interesar