Deportes

Máis de 700 persoas andarán ás voltas no campus vigués

Unha carreira con nome propio no circuíto galego que xa espera este ano 700 participantes. A IV edición da Carreira 10 km Cidade Universitaria quenta motores para estar con todo a punto de cara a competición o vindeiro 27 de marzo, unha carreira que sufrirá algunhas pequenas modificacións no percorrido pero que seguirá discurrindo por vieiros interiores do campus e o acceso á cidade deportiva do Círculo Mercantil, aínda que se cambiará o lugar de saída e de meta.

Aberta á participación tanto de atletas profesionais como de afeccionados, cun circuíto accesible, a carreira rematará con premios importantes para os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina, pero tamén haberá trofeos para os mellores de cada categoría e agasallos para os participantes, dende unha camiseta técnica conmemorativa ata material deportivo ou lotes de produtos en conserva cedidos por Anfaco. Para os máis pequenos, inchables e gardería, ademais de teatro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de marzo na web do Servizo de Deportes.

También te puede interesar