Comarcas Galicia

O prezo da madeira baixa un 50% tras a praga

A erradicación delimitada na contorna do punto onde comezou a praga do nematodo no piñeiro, incluso coa tala da mata-rasa, tirou os prezos da madeira polo chan, cun descenso de ata o 50% nas madeiras de alta calidade pola limitación da venda ao ámbito comarcal. Segundo os datos da AFG só nun mes os propietarios afectados puideron perder preto de 1,1 millóns de euros pola perda de valor do material, aos que a entidade suma outros 3 millóns doutros impactos económicos negativos.

As poxas que ofrece facer agora a Xunta saben a pouco aos madereiros, que piden, respaldados polo BNG do Condado, que haxa poxas abertas máis alá do mercado comarcal, para o que a consellería tería que designar dentro da zona demarcada centros de referencia con capacidade para tratar a madeira talada na zona de erradicación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.