A lea continúa en Redondela a raíz da presentación do proxecto de remodelación do Porto de Cesantes. Agora pola interpretación política “dun proxecto que beneficia ao noso municipio, especialmente a sectores económicos e colectivos que dependen directamente do mar“ e que supón un paso adiante para Redondela, “sen exclusión nin cores”.
Javier Bas, candidato do Partido Popular á alcaldía de Redondela, acusa a Antonio Reguera de facer oídos xordos ás demandas dos veciños, que levan “anos e anos pedindo a quen quixo oílos un plan de mellora e adecuación da totalidade das instalacións aos nosos tempos”.