Deportes Galicia

Os escolares saen á cancha en Navia

Nova tempada para as Ligas Linco-Linorsa, que regresan este ano con nova pista ademais da de Balaídos: o pavillón de Navia. Foi alí onde onte se presentaron os 19 equipos inscritos nas dúas Ligas Internas de Colexios, sete deles equipos benxamíns, seis alevíns e seis de rapaces entre 13 e 16 anos. En total preto de 200 participantes nestas ligas intraescolares dirixidas polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia que vivirán unha das edicións con maior participación desde a súa creación.

O arranque comezou con dous partidos amigables na que o concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso, deu o pistoletazo se salida destas ligas. A competición oficial comezará o vindeiro 4 de febreiro con sesión dobre: en Navia de 16:15 a 18 horas e en Balaídos de 18 a 19 horas.

Te podría interesar