_agenda Agenda

Para acabar cos golpes concéntrate no Marco

Ano novo, vellas malas novas. No que vai de ano xa van alomenos tres mulleres mortas, sen contar con nenos e suicidios, que antes non contaban nas estatísticas dos malos tratos. Para protestar pola violencia de xénero e intentar que esta remate, deixando un ano menos dramático que o pasado, a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos invitan a toda a cidadanía a concentrarse diante das portas do Marco esta tarde (20 horas).

Nesta ocasión será Margarita Yáñez, de Mulleres Dorna, a encargada de ler o comunicado no que se denuncian as agresións e asasinatos de mulleres e se pide unión para loitar pola xustiza social e vivir nunha sociedade onde o principal valor sexa a igualdade.

También te puede interesar