Deportes Vigo al día

Navia acolle por primeira vez un partido das Linco Linorsa

As Ligas Linco Linorsa voltan á carga, este ano cun compañeiro de esceario para Balaídos, o multiusos de Navia. Os torneos, organizados polo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, arranca o venres ás 16:30 horas coa inauguración no pavillón do novo barrio de Vigo, onde xogarán a IX Liga Interna de Colexios e a II Linco Linorsa 19 clubes con rapaces de entre 6 e 16 anos.

Estes dous campionatos interescolares son participativos, é dicir, non hai gañadores finais. Cun orzamento de 100.000 euros, este é o primeiro gran evento que organiza o clube, que nesta tempara está a traballar cuns 600 nenos, federados e non federados, e con 30 adestradores. Ao longo da tempada organizarán tres torneos máis, aínda que internacionais e competitivos de categorías benxamín, cadete e infantil.

También te puede interesar