Comarcas

As nais e pais do Bouza Brey de Ponteareas negan as declaración de Educación sobre o centro

 

 

ANPAA Asociación de Nais e Pais do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas asegura nunha nota que o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares utiliza 

Negan que sobren 36 prazas no centro educativo, e amosan coma proba que si é así “por qué Educación vai gastar os cartos en construir un aulario de 225 prazas no Bouza Brey cando pode usar ese diñeiro na reforma do centro actual?” e engaden que os profesores sí querían un colexio novo “coma asinaron nun manifesto enviado á consellería”.

 A Asociación de Nais e Pais sublima que “ con censura, provocacións e falsedades, non vai a conseguir absolutamente nada coa cidadanía pontareán. Os pais e nais desta vila, cada día estamos máis motivados para seguir loitando polos dereitos dos nenos e nenas e dispostos a manter as protestas durante o tempo que faga falla. e indican que son os responsables de Educación os que perderon a súa credibilidade “aínda que lles molestará moito máis perder os votos.

uns datos completamente irreais das infraestruturas dos centros que supostamente son responsabilidade súa. A ANPA engade que a Educación só lle interesa aplicar as ratios totais nas aulas, sen recoñecer que éstas deben axustarse ás necesidades educativas dos nenos aos agrupamentos de alumnos con diferentes idades nos centros de infantil do rural (nunha mesma aula habería nenos de 3, 4 e 5 anos) e tamén ao espacio físico que ocupan.

También te puede interesar