Ciencia y Tecnología

As TIC son machistas

Eles teñen os postos máis relevantes, os mellores salarios, sen un nivel de formación tan elevado e en áreas de maior importancia económica e mellor valoradas socialmente. Estas son as conclusións do estudo sobre a ‘Situación das mulleres no Sistema de Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia’, realizado pola Unidade de Muller e Ciencia, e que confirma o que está na mente de todos: a desigualdade das investigadoras galegas con respecto aos homes.

Os datos revelan que só un 13% dos postos directivos do sector TIC está ocupado por mulleres, todo a pesar de que a fenda dixital comeza a esvaecerse. Sen embargo, segundo o informe, son poucas as profesionais da rama da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación que perciben este desequilibrio que se dá de xeito horizontal (as mulleres se concentran en disciplinas consideradas máis femininas) e xerárquica ou vertical (a igual formación elas teñen unha escala laboral máis baixa e moitas dificultades para ascender).

Somentes un 4 por cento

O 70% das mulleres que traballan en I+D+i en Galicia fano no sector público, pero na área de investigación na que hai máis traballadoras, as TIC, só traballan un 4% de mulleres. E a presenza de mulleres redúcese a medida que se chegan aos niveis máis altos da escala profesional nun chamado efecto tesoira: mentres que o 61% dos directivos dos grupos de investigación son homes, o 62% das bolseiras son mulleres.

Elas teñen máis precariedade laboral con menos contratos indefinidos que os homes (56,4% fronte ao 75,3%) e tamén existen desigualdades salariais: 25,9% dos homes percibe máis de 2.500 euros mensuais, mentre que só o 15,5% das mulleres acadan esa retribución. Pola contra, o 11% das mulleres cobran menos de 900 euros fronte ao 5% dos homes.

También te puede interesar