Vigo al minuto

O trinta e cinco por cento dos cartos da Deputación teñen que ser para Vigo

O voceiro municipal do PSOE, Carlos López Font, hoxe/CVEsa é aporcentaxe dos orzamentos da Deputación que reclama o grupo municipal socialista, segundo unha moción que presentará no vindeiro Pleno do Concello do vindeiro día 31. A mesma foi presentada polo voceio deste grupo e na mesma esixirase ao presidente do organismo provincial, o popular Rafael Louzán que concrete as mesma, empezando pola subvención dos voo Vigo-Milán dende Peinador.

Carlos López Font lembrou que o grupo municipal socialista ven presentado mocións desde o ano 2007 para que a Deputación de Pontevedra atenda e escoite as demandas trasladadas polo alcalde ao presidente deste organismo.O voceiro socialista denunciou que o investí mentó da Deputación de Pontevedra en Vigo “é cero, máis aló de festas e orquestras”, apuntou.

Ademais desta proposta a moción contempla tamén que a Deputación provincial se comprometa a redactar un estudio sobre o aeroporto de Vigo, investimentos e subvencións ao mesmo logo de comprobar que o comité técnico creado pola Deputación para potenciar Peinador hai dous meses “segue sen dar ningunha resposta”.

También te puede interesar