Comarcas Galicia

Javier Bas, candidato do PP á Alcaldía de Redondela, alerta da gravidade do paso da A-59 polo concello

Javier BasO responsable popular indicou nunha nota de prensa que polos límites deste concello discorren todas as vías de comunicación entre o norte e o sur da provincia e a comunidade autónoma: ferroviarias, estradas nacionais, autoestrada, tren de alta velocidade e proximamente tamén a autovía A-59, ademais de ser vía de entrada para as aeronaves cara ao aeroporto de Peinador.
“Resulta xa imposible esnaquizar máis o noso territorio, segregar e illar máis as parroquias e barrios, que coa construción desta infraestrutura”, asegura Javier Bas, “Estamos falando dunha autovía que en zonas determinadas vai supor unha brecha de cen metros que dividirá parroquias enteiras, que se verán afectadas no seu crecemento polas afeccións de lindes de forma indefinida e que segundo coñecemos, vai supor a proliferación de viadutos de forma masiva”,

O posicionamento veciñal en Redondela é moi forte en contra da construción da A-59, pola cal dende o PP elevouse unha petición ao Parlamento de Galicia solicitando a prioridade da A-57 coa alternativa 11, que comunica igualmente a parte norte da comunidade coa saída cara á meseta e que afecta de forma sensiblemente inferior ao municipio redondelán, desconxestionando, “esta si”, remarca Bas, a AP-9. Estamos por defender o noso, os nosos pozos, os nosos mananciais, regatos e arroios, fontes, labrados e carreiros, montes e miradoiros, ante un ataque sen sentido a todos estes valores naturais que Redondela ten e tamén aos intanxibles paisaxísticos e de calidade e modo de vida dos veciños, salienta o líder popular.

También te puede interesar