Comarcas

Folga de brazos caídos para reclamar un novo colexio

Nova protesta para pedir un novo colexio de Educación Infantil en Ponteareas co que acabar coa masificación das aulas. Os días 18 e 20 de xaneiro convócase unha xornada de inasistencia a clase, como xa celebrou noutras ocasións no que vai de curso, e coas que se tentará pór fin a anos de problemas de masificación nas garderías motivado polo aumento da poboación. Todos os plans parecen encamiñar a solución a unha terceira ampliación do Ceip Mestre Ramiro Sabell, pero os afectados piden un centro novo e recordan que a última ampliación foi inaugurada hai só tres anos e xa hai de novo lista de espera para entrar.

Os pais non só piden que se acaben as clases nos pasillos, os comedores escolares xestionados polas anpas… senón que se implanten servizos como o plan madruga ou comedores escolares, servizos “que teñen que ser de xestión pública coa finalidade de garantir un custe razonable”.

También te puede interesar