Comarcas

O BNG presenta xente «honesta e traballadora» para gañar a alcaldía de Mos

Miguel Anxo Aldea Moscoso, candidato nacionalista á alcaldía de Mos.
Miguel Anxo Aldea Moscoso, candidato nacionalista á alcaldía de Mos.

Unha presentación que contou con toda a plana maior do partido, que acudiu ao acto para respaldar unha candidatura formada por «homes e mulleres traballadores e honestos e comprometidos coas maiorías sociais de Mos». Así presentou Guillerme Vázquez, líder do BNG, a Miguel Anxo Aldea, candidato á alcaldía de Mos nas vindeiras eleccións de maio.

Nun acto celebrado ante multitude de veciños e simpatizantes no multiusos das Pozas, na parroquia de Torroso, o líder nacionalista salientou que só optando por este partido se pode garantir que se parará nos concellos «as políticas de dereitas e antisociais que están a aplicar tanto PP como PSOE», que pensan só nos mercados e que ten como último episodio a contrarreforma das pensións, «nin xusta nin xustificada, é unha puñalada aos sectores máis débiles e que terá máis consecuencias negativas para Galiza, onde temos máis pensionistas e as pensións son máis baixas», recordou Vázquez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.