Galicia

Os empregos críanse como a ameixa, en viveiros

O 90% das empresas saídas de viveiros sobreviven.
O 90% das empresas saídas de viveiros sobreviven.

Poderiamos estar ante a solución á crise. Os negocios que se desenvolven ao abeiro dos 22 viveiros de empresa que existen en Galicia xeran uns 3.000 empregos directos, aos que haberá que sumar os que poderán crear os 10 viveiros que se porán en marcha nun breve espazo de tempo. E a taxa de éxito dos emprendedores nestes casos é do 90%, un dato a ter en conta nunha época na que a maioría das empresas desaparecen nos seus primeiros 4 anos de vida.

Son as conclusión dun estudo pioneiro financiado pola Xunta e elaborado polos profesores Francisco Ferreiro, da Universidade de Santiago, e Alberto Vaquero, da Universidade de Vigo, que ten como obxectivo coñecer as características dos viveiros galegos, analizar o perfil emprendedor e a actividade predominantes nos mesmos, así como avaliar a súa creación de emprego.

No ano 2009, momento do estudo, había máis de 880 actividades empresariais nos viveiros galegos, a maioría de natureza científica e técnica, dispostos en 20.500 metros cadrados de instalacións con todos os recursos físicos e humanos para poder levar a cabo o seu proxecto durante un período de entre 2 e 5 anos, dependendo do sitio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.