Destacados Vigo al minuto

Os primeros agasallos de Reis, para os nenos hospitalizados

Os Reis Magos xa comezaron a súa xornada. Aínda que será esta noite cando deixen os agasallos nas casas dos vigueses, esta mañá xa estiveron compartindo o día e algún que outro detalliño cos máis pequechos que teñen que pasar  estas datas nalgún dos hospitais de Vigo. A primeira visita foi a Povisa, onde os nenos puideron recoller os primeiros xoguetes cos que chegaron cargados a Vigo. De seguido, ao Hospital Xeral, ao Nicolás Peña, ao Centro de emerxencia para mulleres vítimas da violencia de xénero e o asilo das Hermaniñas dos Anciáns Desamparados en Alcabre.

Entrementres, os Reis Magos fixeron unha parada no camiño para compartir unha chocolatada cos máis pequenos da casa e coa que recuperar forzas para a Cabalgata. Unha pequena festa no Auditorio Municipal, onde ademáis das cartas de última hora compartiron un anaco do tradicional roscón de Reis.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.