Galicia

O ano remata con dous víctimas mortais nas estradas galegas

O cambio de ano non rematou ben en Galicia. Durante esta fin de semana rexistráronse nas estradas galegas 48 accidentes de tráfico nos que 75 persoas resultaron feridas e outras dúas faleceron no mesmo lugar do sinistro. O día máis problemático foi o sábado con case a metade dos accidentes, mentres que por provincias a máis afectada foi A Coruña (19 sinistros), seguida de Pontevedra (17), Ourense (7) e Lugo (5).

Unha vez máis a maioría dos atendidos (58%) foron homes, mentres que as idades rondaban entre os 20 e os 29 anos (26%). En total, dos 75 feridos, 62 foron trasladados a centros hospitalarios, 5 a centros de Atención Primaria, 6 foron atendidas in situ e outras dúas faleceron.

También te puede interesar