Galicia

Non haberá policía que se distinga

Todos a unha, como Fuenteovejuna pero a nivel uniforme. O Diario Oficial de Galicia xa publicou hoxe a orde que establece os elementos de configuración externa e o deseño para o marcado e rotulación dos vehículos da Policía Local e dos vixiantes municipais en toda Galicia, creando unha identidade específica, común e distintiva dos corpos de policía local de Galicia cunha imaxe corporativa compartida.

A nova orde afecta a os medios de mobilidade, tanto turismos, monovolumes, todo terreos ou furgonetas a motocicletas, bicicletas ou medios acuáticos. Os vehículos de catro rodas deben levar un dameiro en cor azul e branca reflectora, os logosímbolos dos corpos de policía local, a placa policial co escudo do concello, o teléfono de emerxencias 112 ou 092, o escudo de Galicia, os elementos de retrorreflectancia e a numeración e lenda do teito dos vehículos, que levarán no teito as letras PL e un número de dous díxitos como identificación.

Mentres, as motocicletas terán un deseño e rotulación similar ao dos vehículos de catro rodas, como poden ser o dameiro, logosímbolos, teléfonos de emerxencia… e irán equipadas cun mastro de luces, luces tipo led, serea, mando de control, carenado dianteiro para a protección aerodinámica, barras de protección laterais e maletas homologadas e/ou compartimentos de carga, con capacidade para aloxar o equipamento básico e as prendas de reserva do motorista.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.