Vigo al minuto

Caballero disposto a que o Concello pague o mantemento dos xardíns de Areal que arranza o Porto

Areal/Tresyuno ComunicaciónO alcalde ofreceu este martes que o Concello se encargue do mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo, para o que sería preciso a sinatura dun convenio entre as administracións.  Caballero remitíu o 15 de decembro unha carta á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, amosando a «satisfacción» municipal pola iniciativa portuaria para a zona, onde o goberno local ten un parque biosaudable e unha zona de ocio infantil.

O alcalde explicou que lle solicitou no escrito, aínda pendente de contestación, coñecer os detalles do proxecto e como se proxecta o mantemento posterior dos xardíns, que ata o momento vén acometendo o Concello vigués. Caballero aclarou que se precisa saber o planteamento portuario para definir se é preciso ou non retirar da zona os parques infantil e biosaudable que o Concello ten dispostos en Areal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.