Comarcas

Un graduado social de longa traxectoria, novo candidato nacionalista á Alcaldía das Neves

Xosé M. Rogríguez Méndez opta á alcaldía das Neves.
Xosé M. Rogríguez Méndez opta á alcaldía das Neves.

Unha candidatura renovada cun graduado social con 20 anos de profesión e vencellado aos movementos políticos da contorna do BNG dende hai ano será a proposta nacionalista de cara ás eleccións municipais de As Neves. Xosé M. Rodríguez Méndez , actual portavoz municipal do BNG das Neves, loitará pola chegada a un concello “que necesita xa cambiar a alcaldía, é unha opinión moi estendida”.

Casado e con dous fillos, este profesional liberal de 45 anos asegura que está “preparado para asumir ese cargo e esa responsabilidade tan grande, xa que As Neves está agonizando, perde poboación, redúcense os ingresos, as parroquias senten o abandono do goberno municipal, non hai participación cidadá na toma de decisións, as inversións fanse sen contar coa opinión dos veciños… é un concello triste, ao que lle roubaron a ilusión”.

O emprego, os servizos públicos e o remate das obras da Plisan tras pagar os terreos e os recursos mineiros serán as súas máximas nesta campaña.

También te puede interesar