RGPD - Cookies
Comarcas

A limpeza de Cesantes, fundamental para a recuperación da praia

Non pasa por colocar uns cantos bancos e deixar a zona bonita, senón por levantar os muros, retirar a maleza, controlar os verquidos, limpar as algas e recuperar a area. O Partido Popular de Redondela considera que a praia de Cesantes precisa unha recuperación integral planificada e pór en marcha o proxecto do paseo marítimo «tan prometido en periodos electorais polos socialistas».

Segundo explica Javier Bas, candidato á alcaldía polo PP, «a última vez que o actual alcalde vendeu este proxecto foi agora uns 8 anos e xa estaba planificado en todos os seus detalles, co orzamento da realización e o tempo de execución establecidos. Incluso chegou a vender a segunda fase do mesmo e a día de hoxe seguimos esperando por unha das moitas promesas incumpridas». Os populares piden o ensanche do acceso á punta da praia e a creación de novos espazos habilitados para o aparcamento durante o verán.

También te puede interesar