Destacados Vigo al minuto

O frío enche o pavillón do Berbés

A oleada de frío fixo que o pavillón do Berbés, habilitado como dispositivo contra a friaxe a falta dun albergue na cidade, estivera ata os topes. Nos dez días que leva aberto xa pasaron por el preto de 200 persoas, unha media de 28 pernoctacións ao día que se dispara durante a fin de semana, ata 35 personas nalgún día puntual.

 Máis persoal, radiadores e separación dos espazos de homes e mulleres, son algunhas das innovacións que o BNG quixo pór neste dispositivo, que ten como compañeiro de viaxe para axudar aos que non teñen teito ao dispositivo da Escola de Hostelería abandeirado polo PSOE. O pavillón estará habilitado ata o 15 de marzo e os interesados teñen que entrar ás 21 horas e saír ás 09 horas da mañá segunte. O perfil, do máis variado, aínda que prevalecen os homes sobre todo españois.

También te puede interesar