Galicia

Contra os orzamentos, pechamos Facenda

O peche da CIG na delegación de Facenda en Vigo.
O peche da CIG na delegación de Facenda en Vigo.

A CIG pechouse hoxe nas delegacións de Facenda en Vigo, Lugo, A Coruña e Compostela para protestar contra as contas que se van aprobar mañá na Xunta e que contemplan un «recorte do investimento de carácter produtivo, do gasto social e na rebaixa dos salarios dos empregados públicos». Peches simbólicos para protestar polos que consideran os orzamentos máis antisociais dos últimos anos.

En Vigo o peche, no que participaron varias ducias de delegados/as, desenvolveuse na delegación de Facenda entre as 11:30 e as 12:30 horas, e durante o mesmo repartíronse entre os usuarios follas informativas nas que se explicaban os motivos desta mobilización. Como no resto de delegacións non houbo que lamentar ningún tipo de incidentes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.