_agenda Agenda

Globos, animais e a vida mesma suben ao esceario

O retrato de Dorian Gray propón 'Rúa Aire'.
O retrato de Dorian Gray propón 'Rúa Aire'.

Se non sabes qué facer esta tarde, temos tres propostas para ti: dúas divertidas obras de teatro se hai pequechos na casa e unha para adultos se non queres compaña infantil. Para o público familiar, a compañía O retrete de Dorian Gray representa esta tarde (18 horas) no auditorio municipal a obra ‘Rúa Aire’, a primeira peza do mundo con marionetas feitas con globos. Durante unha hora o escenario estará tomado por unha vetusta máquina de procesado e inflado de globos, un puñado de globos emperrados en vivir, unhas malvadas tesoiras de ideas fixas, unha praga de bolsas de plástico… Todo por 5 euros para adultos e 3 para nenos ata 12 anos.

Xa de balde chegan outras dúas obras do programa Vigo a escena. Para os pequenos da casa, Limiar Teatro leva ata a AVV CD Santa Mariña de Cabral ‘Os 4 da Xunqueira’ (18 horas), unha hora de espectáculo na que se contan as peripecias de catro amigos que foxen da cidade na procura dun lugar para vivir. Can, Gata, Boi e Galo xúntanse polo camiño unindo esforzos para encontrar o seu lugar no rural e por en marcha un proxecto musical.

Xa ás 20 horas, a SCD Atlántida de Matamá acolle a Teatro Avento e o seu ‘Humano (The game)’. Durante 90 minutos o protagonista dun videoxogo chamado ‘Vida’ faise preguntas tan trascendentais como quen se atopa tras os mandos que o dirixen nivel tras nivel, quen xoga por el, quen dirixe o seu destino. Unha visión sobre o xogo da vida en clave de comedia.

También te puede interesar