_agenda Agenda

Entre animais e cartos anda a cousa

Un momento de 'Viva a crise'.
Un momento de 'Viva a crise'.

Tarde de teatro nas asociacións veciñais de novo co programa ‘Vigo a escena’, hoxe con xornada dobre para público familiar e adulto de balde. Ás 18 horas, a AVV Praza da Miñoca acolle a representación de ‘Os 4 da Xunqueira‘, unha obra de Limiar Teatro na que durante unha hora conta as peripecias de catro amigos que foxen da cidade na procura dalgún lugar para vivir. Can, Boi, Gata e Galo xúntanse polo camiño unindo esforzos para encontrar o seu espazo no mundo rural e dar sentido a un novo proxecto musical…

Xa ás 20 horas, a SCRD ‘Nautilus’ de San Andrés de Comesaña cederalle o escenario a Fulano, Mengano e Citano e a súa vanagloriada ‘Viva a crise’, na que durante 90 minutos os actores reflexionan se estamos realmente en crise ou so de resaca. Mentres outros buscan solucións, os tres actores aplicarán as únicas menciñas coñecidas que existen contra este mal: pastillas de enxeño, xarope de humor e inxeccións de retranca. A obra é unha serie de historias enlazadas, tratadas cun humor ácedo e actual, que se desenvolven ao redor desta arrevesada e difícil etapa. A fórmula ideal para aliviar o mal tempo que se aveciña.

También te puede interesar