Deportes Vigo al minuto

O Vigo máis solidario e saudable en As Travesas

Balaídos e As Travesas será o escenario do Vigo máis solidario: o Torneo solidario multideportivo Nadal, que se disputará do 20 ao 26 de decembro no que haberá categorías baby, prebenxamín, benxamín e alevín feminino. Baloncesto, balonmán, fútbol sala, bádminton ou squash son algúns dos deportes cos que rapaces e rapazas gozarán.

O torneo xogarase en horario de tarde, agás o domingo que será todo o día. Non terá carácter competitivo, senón participativo, no que todos recibirán o mesmo premio. O único requisito para participar é a entrega dunha bolsa de alimentos non perecedoiros por participante o día da entrega de premios o domingo pola tarde no Pavillón Central das Travesas. Todos os alimentos recadados serán doados á Concellería de Benestar Social para que os distribúa entre os colectivos sociais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.