Cultura Música y Cine

A televisión do futuro chámase Google

Alejandro Morán, de Everis.
Alejandro Morán, de Everis.

Noemí Rey/Duvi/ A comezos do século XIX as empresas de xeo eran fundamentais para conservar a comida. Cando comezou a desenvolverse a tecnoloxía para conservala non foron capaces de ver que os desbancarían porque a xente non quería bloques de xeo na súa casa. “As distribuidoras musicais seguen a fabricar xeo, o CD, non se dan conta de que a xente quere ter acceso á música noutros dispositivos como o móbil e acabarán condenadas por moitas leis que saquen. A televisión atópase nesta mesma tesitura”, sentenciou Alejandro Morán, de Everis, durante a súa participación nunha serie de conferencias na EE de Telecomunicación centrada na situación da Televisión tras o apagado analóxico.

Agora, despois de 35 anos sen apenas cambios, a televisión enfróntase a unha transformación profunda na que o modelo de negocio non queda nada claro. “Dende os albores da televisión, un ou varios canais emitían a súa programación, inserían anuncios e cobraban. A publicidade era dúas terceiras partes dos seus ingresos… Así foi toda a vida, en branco e negro e en cor. Pero coa chegada das televisións a través da rede e de novos dispositivos é tan complicado o modelo de negocio que non se sabe quen paga a quen: Telefónica quere que Google lle pague por usar as súas infraestruturas e Google respóndelle que se desaparece Youtube a ver quen contrata a súa banda ancha”, explicou.

Ollando ao futuro “non sabería responder que é a televisión. O futuro está en internet, no iPad, no iPod… non se precisa empaquetar o produto”. Adeus a axendas e contidos ideados por outros, agora o público decide o que quere, cando e en que dispositivo. A “guerra entre o salón e a rúa” está servida: aínda que o número minutos que pasamos fronte ao televisor segue crecendo, a profusión de tabletssmartphones creceu un 50% e os expertos xa falan de 200 millóns de iPads no mercado en 2014. Mentres a publicidade se retrae nos medios tradicionais pese á saída de TVE do xogo, internet segue sumando cartos e prevese que acapare o 15% da cota o vindeiro ano. “O modelo de que alguén paga o que lle dá outro entra en cuestión”, recalcou o responsable de Everis. O futuro parece pasar por renovarse ou morrer.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.