_agenda Agenda

A xeración dos rebeldes ten o seu propio libro

Unha xeración rebelde intentando cumprir sonos e escapar das súas miserias. Este sería o eixo central de ‘Caminando hacia el abismo, historia de una generación’, o libro de José M. Botana Cao que esta tarde (20:30 horas) o mesmo autor presenta no CS Cova dos Ratos. Editada polo Periódico Anticarcelario ‘Punto de Fuga’ e a Biblioteca Antiautoritaria ‘Frakaso escolar’ en setembro deste ano, nas súas páxinas, baixo a forma dunha novela, atópase unha meditación sobre a xeración rebelde da transición, a súa brutalidade e a súa profunda solidariedade.

A novela narra a vida dun delincuente habitual de ideoloxía anarquista dende a súa xuventude durante os últimos días do franquismo ata a actualidade. O cárcere e a loita con el, os movementos políticos que quedaron ao marxe da transición española… mestúranse nesta ficción preñada de realidade que rinde homenaxe a toda unha xeración.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.