Comarcas Galicia

A solución ao aparcamento está baixo terra

Múltiples queixas, solicitudes e peticións dos cidadáns deron pé a que por fin o concello de Redondela vira o problema de aparcamento que ten a vila e propuxera a construción dun segundo aparcamento soterrado no casco urbán co que se remodelaría de xeito integral a Praza de Ponteareas. Meses despois da proposta e tras ver que non se ten dado ningún paso para pór en marcha o proxecto, o PP de Redondela reitera a necesidade de solucionar os problemas de aparcamento que hai no casco urbán “para mal de todos os veciños e, sobre todo, para detrimento dos comerciantes”, explicou Javier Bas, candidato popular á alcaldía.

O Partido Popular redondelán recorda que a remodelación da praza xa aparecía no programa electoral socialista no ano 2003, o que “semella que sete anos é tempo dabondo para tela rematada xa; trátase dunha mostra máis de promesas incumpridas”. Así que os populares farán un seguimento das novas propostas do Goberno municipal feitas hai xa 6 meses para ver se cumpren.

También te puede interesar