Deportes Destacados

A perfección chega ao baloncesto vigués

Despois dos éxitos das pasadas edicións, o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia organizará nestas vacacións de Nadal a VI Edición do Campus de Inverno 2010, unhas xornadas de tecnificación para reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do baloncesto tanto vigués como galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.

O campus celebrarase entre o 27 e o 30 de decembro nos colexios Seis do Nadal e Illas Cíes entre as 10:30 e as 13:30 horas. Poden participar nel todos os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal ou calquera que practique este deporte na cidade ou na comunidade galega das categorías benxamín e júnior.

O prezo do campus será de 30 euros para os membros do club, os deportistas federados ou das escolas deportivas ou os seus irmáns e 45 euros para deportistas doutros clubes. As prazas, limitadas, faranse efectivas por rigorosa orde de inscrición, para o que é preciso enviar o comprobante do pago e a folla de inscrición antes do 24 de decembro por mail ([email protected]) ou fax (986 22 72 75).

También te puede interesar