Deportes

Esta carreira non é moco de pavo

correrO concelleiro de Deportes presentou hoxe a XLIX edición da Carreira do Pavo, que se celebrará este domingo, 19 de decembro, dende as 10.30 horas na Praza de Compostela. O responsable da actividade física do Concello lembrou que esta carreira empezou a disputarse no ano 1943 co mesmo obxectivo que hoxe: contar coa participación de atletas veteranos, e potenciar a presenza dos atletas máis novos, tanto na modalidade masculina como feminina.

Este ano, a carreira compartirá percorrido co tráfico rodado, debido ás obras que se están a executar na rúa Marqués de Valladares, polo que pediu a comprensión dos participantes e afeccionados e afeccionadas.

También te puede interesar