Galicia

Xa podes poñerle o nome que queiras ao novo auditorio de Vigo

Auditorio/Tresyuno ComunicaciónSe queres ponerlle o nome ao novo Auditorio está é a túa oportunidade. A páxina web do Concello abriu hoxe un buzón virtual de suxerencias para nomealo. E que este alcalde, tan campechino, como xa fixera coa cor dos semáforos, quere coñecer as alternativas propostas polos veciños para bautizar o novo edificio, nomes que serán manexados polo xurado e dos que sairá a denominación definitiva.

Aqueles interesados en remitir a súa proposta deben visitar a páxina web municipal www.vigo.org e acceder á sección “Nome do Auditorio” dentro do apartado de Alcaldía. Alí, unicamente deixando unha dirección de correo electrónico, é posible presentar a súa opción e algunha xustificación do nome.

Hai días, vigoalminuto, nos seus dous muros de Fecebook, vigoalminuto e redaccion de vigoalminuto, fixo a mesma pregunta e, naquela ocasión, os nomes elididos polos nosos lectores abranguían dende Leri á Bella Otero, pasando por Auditorio Beiramar, Martín Códax, Julio Fernández Gayoso ou Mar da Ría.

Nembargantes, hai dias que Abel Caballero amosou a súa preferencia porque o mesmo levase o nome dunha muller “xa que hai moi poucos monumentos, rúa, prazas e parques que recoñezan o bo facer das grandes viguesas”.

También te puede interesar