RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

Case 72.000 euros para que 9 blogueiros coñezan a Rías Baixas

Dous dos blogueiros invitados pola Deputación de Pontevedra.
Dous dos blogueiros invitados por Xunta e Deputación de Pontevedra.

Como non é o mesmo vivilo que contalo, como diría un programa da televisión, Turgalicia e Turismo Rías Baixas pensou que o mellor xeito de que nove blogueiros especializados en turismo se familiarizasen de primeira man coa terra era facer unha ruta que mesturara gastronomía e paisaxe con algunha festa popular, evento ou «actividade rechamante que consiga impactar aos asistentes». O orzamento, de escándalo: case 72.000 euros por unha fin de semana, segundo publica Galicia Confidencial.

Con este sistema Xunta e Deputación de Pontevedra pretendía promocionar a zona a través dos milleiros de seguidores que teñen estes internautas nos seus blogs e redes sociais. Unha viaxe que recolleron nestes espazos e no propio blog creada para a viaxe de familiarización e mesmo colgando videos en Youtube.

También te puede interesar