Galicia

Cada día máis dun cento de persoas descarga o temario das oposicións na EGAP

Levan só mes e medio colagados na web da Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP), pero xa foron descargados máis de 6.000 veces. Son os primeiros temarios de oposicións distribuidos de xeito gratuito a través de Internet, correspondentes aos axudantes facultativos da Xunta, á escala de Axentes Facultativos Ambientais. Non se trata de temarios, respostas ou materiais oficiais, senón de instrumentos complementarios e contrastados que servirán de apoio como textos de referencia.

Sindicatos e funcionarios levaban anos pedindo que a EGAP elaborara temarios, xa que aos opositores libre lles facilitará enormemente a súa tarefa ao ter temarios de referencia e fiabilidade para a preparación das oposicións. Pouco a pouco iranse colocando novos temarios: nas vindeiras semanas tocaralle a quenda aos futuros opositores da categoría 3 do grupo V de personal laboral da Xunta (ordenanza, celador, vixiante de oficinas, nocturno e subalterno, porteiro, recepcionista, telefonista, sereo, garda e garda xuramentado).

También te puede interesar