Galicia

O Campus do Mar abrirá camiños a Galicia na investigación europea

Axudará a abrir portas para que Galicia poda coarse nos programas de investigación europeos. Iso é o que conseguirá o Campus do Mar, un proxecto competitivo que vai na liña do que é a futura gobernanza da investigación da Unión Europea, segundo mantivo José Manuel Silva, conselleiro especial de Investigación da Comisión Europea e próximo director xeral de Agricultura nun encontro co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e coa comunidade científica para falar das perspectivas da investigación no mundo dos océanos.

Unha conexión cara a cara co mundo da investigación que avalan os máis de 3.000 científicos que participarán nun proxecto especializado que acaba de conseguir a “excelencia” e que servirá de base para o futuro da investigación europea nas tres liñas de investigación básica para a UE: política pesqueira, marítima e ciencias e innovación.

También te puede interesar