RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

O Porto do Molle arranca con 5 empresas e máis de 5 millóns de euros

Cinco empresas e un só obxectivo: ser os primeiros en estrear o Porto do Molle. Bibus Spain será a primeira en ocupar en arrendamento unha das naves bioclimáticas, mentres que Disna, Brigal, Marine Instruments e GTG Ingenieros resultaron as primeiras adxudicatarias da compra de parcelas no novo parque empresarial. A maioría con capital local, estas empresas comezarán a construcción das súas instalacións en 2011 cunha inversión de case 5,5 millóns de euros e xerarán 102 postos de traballo en sectores vencellados á investigación e o desenvolvemento de patentes.

O Consorcio da Zona Franca valorou o interese das actividades realizadas polas empresas para a economía en xeral e para o crecemento sostible da área de Vigo para conceder a adxudicación. En xaneiro sairá a oferta pública permanente de venta de 18 parcelas industriais e arrendamento ou arrendamento con opción a compra de outras 39 naves modulares.

También te puede interesar