RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

500 alumnos do CEIP Bouza Brey de Ponteareas quedan na casa para protestar polo deterioro das instalacións

A entrada do colexio, deserta.
A entrada do colexio, deserta.

Folga de lápices caídos no CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas. Preto duns 500 alumnos deste centro non acudiron hoxe a clase para protestar pola situación na que se atopa o centro, tanto pola masificación como pola falta de mantemento. O pais dos estudantes consideran insostible esta situación, xa que as condicións que teñen que soportar os rapaces tódolos días «raia nalgúns casos a insalubridade».

Os pais reclaman un centro digno no que «as inundacións de augas fecais, os fallos de electricidade e a masificación queden como recordo doutros tempos».

También te puede interesar