Destacados Vigo al día

Vigo despide a Don Paco

Francisco Fernández del Riego.
Francisco Fernández del Riego.

Deixa a Galicia orfa do seu quefacer, defensor de pro da terra. Máis de 300 persoas encheron esta tarde a Concatedral de Santa María de Vigo para dar o último adeus ao intelectual Francisco Fernández del Riego, Don Paco, que estivo arropado por todo tipo de personalidades da vida pública e cultural galega, como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; a presidenta do Parlamento gallego, Pilar Rojo; os conselleiros de Cultura e Educación ou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

O funeral estivo oficiado polo bispo da diócesis de Tui-Vigo, Luis Quintero Fiuza. O Concello de Vigo, tras a lectura dunha declaración institucional en homenaxe a unha das figuras máis representativas da cultura galega, decretou dous días de luto oficial pola morte deste galeguista lucense, fundador da Editorial Galaxia e residente dende hai anos na cidade olívica.

También te puede interesar