Vigo al día

Os vigueses reclamamos…sobre todo ás empresas telefónicas

TeléfonoA OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor) ten rexistradas ata o mes de novembro un total de 824 reclamacións das que 500, un 61% do total, pertencen ao sector da Telefonía. A elas hai que engadir que ademais das reclamacións que xeran expediente a Oficina Municipal recolleu outras 500, 200 atendidas por teléfono e 300 nas dependencias municipais, que non xeraron expediente.

 

Estas reclamacións fan referencia na maior parte dos casos á facturación, ben por importes considerados excesivos, pola falla de recepción da factura nos domicilios, por cobro de mensaxes de números de tarificación adicional 900 e 800 ou por erros na transcrición de datos persoais dos interesados nas facturas, entre outros.

También te puede interesar