Vigo al minuto

Qué foi do microbús eléctrico polo Casco Vello que Santi Domínguez anunciou para este Nadal?

Santiago Domínguez/Tresyuno ComunicaciónEl abril, o tenente de alcalde anunciaba que habería un microbús eléctrico percorrendo o Casco Vello este Nadal que, ademáis chegaría a zonas do centro, en especial as comerciais. Naquel intre, Santiago Domínguez sinalou que o proxecto formaba “parte do estudo de mobilidade do Casco Vello e as necesidades que nel se reflexan, pero tamén nas consideracións que figuran no Plan Especial de Protección do barrio. Daquela, a iniciativa suporía a “actuación nun ámbito no que os desprazamentos peonís se enfrontan a dificultades polas grandes pendentes que hai no barrio, que chegan ao 14%, e desniveis de case 60 metros“.

Santiago Domínguez sinalara, naquelas datas, que se iniciaban os trámites de adxudicación do proxecto e a compra dos microbuses, que se fará efectiva cando esté operativo o capítulo de investimentos do orzamento municipal na que “existe unha partida de 500.000 € para abordar a fase inicial do proxecto“.

Aínda que o tenente de alcalde expresou, hai 7 meses, a súa confianza de que no último trimestre do ano podidese comenzar o periodo de probas do servizo e que “a mediados de 2011 podería estar xa a pleno rendemento e que a experiencia piloto sería de seis meses, periodo no que o microbús ofrecería “transporte gratuito para todos os usuarios e usuarias“, a realidade e que a día de hoxe non se sabe nada do proxeco que nin foi retomado pola Tenencia de Alcaldía e que durmen un caixón a carón do estudo de mobilidade do barrio histórico, o mesmo que a detallado frecuencia de paso “que será de 25 minutos, nun itinerario circular “que percorrería a Praza do Berbés, Real, Méndez Núñez, Poboadores, Elduayen, Abeleira Menéndez, Paseo de Granada, Ronda de Don Bosco, Doutor Cadaval, Porta do Sol, Praza da Constitución, Fermín Penzol, Marqués de Valladares, Praza de Compostela, García Olloqui, Cánovas del Castillo, Beiramar e Praza do Berbés.

También te puede interesar