O domingo Vigo celebra a súa 32 edición do Memorial Belarmino Alonso de campo a través, que estrea percorrido e pretende ser máis espectacular que os empregados ata o de agora con deportistas de todas as categorías, dende benxamín ata xuvenil e júnior, tanto na modalidade masculina como feminina.
A carreira comezará ás 10:15 horas ao carón do campo de fútbol de A Xunqueira de Comesaña. Nesta ocasión condeceranse premios en metálico aos cinco primeiros clasificados nas carreiras promesa e senior, mentres que se entregarán trofeos aos primeiros de todas as categorías e ao club gañador de cada carreira.