Cultura

Amosa todo o que sabes sobre Lois Pereiro

Saber moito sobre o homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas terá premio. A Xunta convoca un concurso a través dos centros educativos na que os rapaces terán que facer unha exposición sobre a obra, época e lingua do escritor monfortino ou sobre a situación sociolingüística na etapa histórica na que viviu Lois Pereiro. Unha mostra pluridisciplinar onde o percorrido biográfico sexa só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.

O concurso dividirase nunha categoría para os centros de educación infantil e primaria e outra para o resto. As exposicións presentadas en cada unha das categorías deberán constar de 15 carteis de 70 x 100 cm arredor dos cales elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa observación e fomenten o labor de investigación do alumnado. Estas deberán xuntarse á exposición en forma de guía ou cuestionario e a súa extensión non superará as 25 páxinas ata o 14 de febreiro de 2011.

Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 4.000 euros. A mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.