_agenda Agenda

Para chulas, chulas… as que fan na Festa do Cabazo

Camiño do cuarto de século van as recetas que preparan cada ano para facer desfrutar cada ano ao público coas comidas e postres máis deliciosos que se poden preparar con cabazo. A asociación cultural ‘O Coto’ organiza mañá no Colexio Carballal de Cabra a XXIII Festa do Cabazo, que arrancará ás 11:30 horas coa música das gaitas de Anaquiños da SCDR Helios de Bembrive, de O Serán de Salceda de Caselas e de Ecos e Agarimos do CCR Peitieiros. A media mañá chegará a lectura do pregón, que este ano corre a cargo da escritora Amparo Solla, profesora da Universidade de Vigo e delegada da Universidade na Escola de Maxisterio.

Xa pola tarde, de novo música co grupo As Zaragateiras de Mos e Froles Novas de Lavadores, ademais de disfrutar da mostra de artesanía e a mostra sobre a historia da festa, na que se amosará o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo durante todo o día.

Unha festa moi peculiar

Esta festa, aínda que gastronómica, caracterízase por intentar recuperar un cultivo que foi moi importante na zona e difundir as tradicións culinarias que tiñan o cabazo como base, participar no proceso completo (dende o cultivo ata a elaboración do produto), implicar ao maior número posible de xente e mantendo sempre algunha degustación gratuita, xa que a festa naceu como un proxecto cultural, non mercantil, e o que agora se vende é só para poder manter unha festa que medrou moito.

Con este afán por evitar a perda das tradicións, a festa recolle todas aquelas tradicións culinarias do cabazo e as dá a coñecer: caldo, flans, marmelada, chulas, pan, galletas, pisto, pasteis, empanadas de cabelo de anxo, sopaipillas, licor de cabazo… Todo feito de xeito artesanal por voluntarios e desde hai algúns anos polas panaderías P. Cerviño e P. San Cristóbal, que prestan de xeito desinteresado os seus fornos. Empréganse arredor de 200 cabazos de 40 quilos cada un doados polos veciños.

También te puede interesar