_agenda Agenda

A rúa di non á OTAN

Para os que están en contra da Otan pero non se poden achegar a Lisboa a protestar durante os días que se celebra o cumio no país veciño, Espazo Aberto Antimilitar convoca un acto de rúa esta tarde (18 horas) no cruce de Colón con Príncipe baixo o lema ‘Agora e sempre, Otan non’.

Para esta organización, dende a fin da Guerra Fría a Otan «reinventouse a si mesmo como unha ferramenta para a acción militar da intitulada comunidade internacional” polo que se trata dun medio de natureza exclusivamente militar co obxecto de arbitrar medidas excepcionais en caso de conflito armado. Ideada polos Estados Unidos conta con bases militares por todos os continentes, «menosprezando o control da ONU».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.