Vigo al minuto

“A crise económica convertiuse nuna crise das políticas de igualdade”

Esa é a principal conclusión á que chegaron os participantes hoxe nas cornadas de formación ‘Tempo de compromiso coa igualdade’, un foro no que intercambiar experiencias sobre políticas de impulso á igualdade de xénero e ao abeiro da celebración o vindeiro día 25 de novembro do Día Internacional pola Erradicación da Violencia contra as Mulleres.

Nun acto clausurado polo portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, o nacionalista aproveitou a súa intervención para recordar que en Galiza “hai unha paralización evidente nas políticas de igualdade entre homes e mulleres” e que conseguir esa igualdade é unha necesidade para acadar a “democracia real” nunha sociedade na que aínda impera unha estrutura de poder marcada polo machismo e o patriarcado sobre a que se asenta a violencia de xénero.

Durante as xornadas tamén participou María Méndez, responsable de Acción Feminista da Executiva Nacional do BNG, que pediu un minuto de silencio polas mulleres asasinadas a causa da violencia machista e que salientou que “a crise económica leva aparellada unha crise de igualdade, que non é de agora, pero que está provocando que as mulleres perdan o seu traballo e se ocupen en exclusiva do fogar”.

También te puede interesar