Ciencia y Tecnología Galicia

Para saír da crise, a Universidade

Salustiano Mato e Pachi Vázquez durante a reunión no campus vigués.
Salustiano Mato e Pachi Vázquez durante a reunión no campus vigués.

Duvi/ No seu primeiro encontro institucional o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o presidente do grupo parlamentario socialista e secretario xeral do PSdG-PSOE, Pachi Vázquez, coincidiron en situar á universidade como punto de partida da saída da crise económica, así como dun modelo económico de futuro baseado “na eficiencia, o coñecemento e a innovación”. Mato e Vázquez incidiron na importancia da competitividade e na necesidade de garantir os dereitos públicos, ao tempo que demandaron da Xunta de Galicia unha aposta firme pola I+D+i que Vázquez considera “se converteu nun arma arroxadiza que ninguén asume e todos se tiran á cabeza”.

Á espera de saber se a Consellería de Educación asumirá proximamente a xestión das bolsas e dos contratos dos investigadores galegos, Mato manifestou a súa preocupación pola indefinición do plan de I+D que substituirá ao actual e apuntou que desde un punto de vista da gobernanza “non é bo compartimentar o que ten que ver coa I+D+i. Antes se tendía a agrupar e isto será unha volta atrás que fai difícil a eficiencia”.

Presisamente innovación, coñecemento e investigación son, segundo Pachi Vázquez, as claves da saída da crise económica actual que ten o seu punto de partida “na sociedade do coñecemento e nas universidades”. Para o secretario xeral do PSdG-PSOE en quince anos viviremos nunha sociedade “na que nada volverá a ser igual” e na que haberá un modelo neoliberal e outro socialdemócrata “que entende que a saída da crise pasa por apostar pola innovación, o coñecemento e a investigación”.

También te puede interesar