Cultura Literatura

Máis aló das súas obras, o escritor

Duvi/ As obras son o legado que os escritores deixan para a posteridade, pero a súa pegada non se limita aos textos, neles quedan tamén trazos da súa personalidade, das súas experiencias vitais, do seu pensamento, do seu sentir. Esta herdanza, no caso de Gonzalo Torrente Ballester, acada o seu máximo significado neste 2010, ano do seu centenario. Arredor da súa obra pero tamén da súa persoa reúnense esta semana en Vigo os máis relevantes torrentistas do mundo no que é o único congreso desta envergadura.

Ao encontro asisten ata o venres torrentistas do todo o mundo, dende o estado español ata países como Italia, Reino Unido, Polonia, Portugal, Canadá, Alemaña ou Estados Unidos, nos que existen centros e grupos centrados na obra de Torrente. Serán cinco intensos días de debate e reflexión, nos que, segundo o vicerreitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, “debemos tratar de superar o silencio administrativo” ao que o escritor foi sometido en moitos momentos da súa carreira, “para poder recuperar a súa figura facendo tamén bo uso das novas tecnoloxías, como o ebook que permitan achegar a súa obra aos máis novos.

Ante a presenza de dous dos seus fillos e da viúva, os organizadores recoñeceron que este simposio é un “magno colofón ao centenario”, en verbas de Manuel Ángel Candelas Colodrón, director do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura e membro do grupo de investigación. Candelas volveu a vista atrás para lembrar a celebración en Vigo dun congreso sobre Torrente en 1993 que contou coa presenza do propio literato. “Deste congreso xurdiu a liña de investigación tan fructífera que hoxe desenvolvemos” sobre un escritor que, o premio Nobel de Literatura, José Saramago, definiu como digno “herdeiro de Cervantes”.

También te puede interesar